PONTESAN
26 e 27 de setembro
Se queres participar na maior feira de saúde e benestar de Galicia, ¡inscríbete!
2025: Información e desinformación
Pontesan leva ofrecendo á cidadanía formación e información accesible e de calidade sobre saúde e benestar dende hai 6 anos. Por iso, nesta edición centrarémonos de cheo na crecente e preocupante desinformación e na importancia de contrastar as fontes. Todo isto sen esquecernos do significativo labor das asociacións sociosanitarias un piar fundamental para o acceso á información de usuarios/as e familias.
Programa 2025

Stands
Asociacións, clubs deportivos, colexios profesionais, fundacións e administracións públicas
- · Grupo de investigación IDARA; Intelligence Digestive and AI Research Alliance
- · Fundación Denis Suárez
- · ASEARPO
- · Alcohólicos Anónimos
- · AGL (Asociación Galega de Linfedema, Lipedema…)
- · Rotary Club de Pontevedra
- · APROPARK
- · EMMO +
- · AHUCE e fundación AHUCE
- · Concello de Pontevedra
- · Sergas
- · Cruz Vermella

Actividades
Venres 26
- · Inauguración PonteSan 2025
- · Práctica de Pickleball
- · Baloncesto inclusivo
- · Petanca
- · @wanabuni – Actividades para crianzas
- · Risoterapia
- · FoodTruck
Sábado 27
- · Dragon boat
- · Actividade con cans de axuda
- · Plié dance actuación e clase de baile
- · Baloncesto Estudantes Pontevedra
- · Actividade balonmano
- · Pontevedra Club de Fútbol
- · Contacontos con papiroflexia
- · Primeros auxilios
- · Festa de PonteSan

Oratorias
Venres 26
- · Xenética dos trastornos psiquiátricos
- · @tonifero_ . Natureza na era da información: mitos, bulos e descubrimentos
- · Envellecer sen barreiras: Terapia ocupacional con persoas maiores xordas
- · Tarxeta sanitaria AA: Presentación da tarxeta á cidadanía, que é e para que serve.
- · DIP Documento de instruccións previas
- · Presentación de Comta Saúde, repositorio de saúde verificado por profesionais
Sábado 27
- · Charla sobre o permiso por fillo con enfermidade grave (CUME)
- · @nuskachousa: O que sementas en horta san, florece no teu benestar
- · O sono, unha función tan importante como descoidada/descoñecida
- · @medicilio_ (Dra. Elena Casado Pineda): Charla divulgativa sobre o tratamento alternativo da dor
- · O pracer dos corpos diversos: unha das chaves da vida independente
- · Charla de educación emocional
O que xa fixemos
A feira celébrase cada ano nunha carpa na céntrica praza de España de Pontevedra dando voz en cada edición, a máis de 40 entidades da nosa contorna relacionadas coa saúde física e mental. Durante este lustro converteuse nun punto de encontro para toda a cidadanía interesada na súa saúde.


