Alfonso Cuadros Riobó – Educación emocional

O encontro estará dedicado a un tema fundamental para o benestar persoal e colectivo: a educación emocional. Para iso contaremos coa presenza de Alfonso Cuadros Riobó, psicólogo xeral sanitario, doutorado en Psicoloxía Social e experto en neuropsicoloxía.

Ao longo da súa traxectoria profesional traballou en ámbitos moi diversos —desde a saúde mental grave ata a mocidade, as migracións ou o deterioro cognitivo— tanto en institucións públicas como en organizacións sociais. Ademais, desenvolveu tarefas docentes e de investigación, e na actualidade é colaborador de Cruz Vermella Pontevedra.

Na súa exposición, Alfonso Cuadros abordará a educación emocional (EE) como unha ferramenta clave para aprender a xestionar e coidar as emocións, independentemente da idade, do xénero ou do contexto sociocultural de cada persoa.

A charla porá o acento no carácter preventivo e sanador da Educación Emocional no desenvolvemento humano, facendo especial fincapé nos desafíos actuais vinculados co xénero, as relacións entre iguais e as diversas formas de discriminación.

Non será unha sesión unicamente expositiva: procurarase a implicación e participación activa das persoas asistentes, favorecendo un espazo de diálogo e aprendizaxe compartida.

También te puede interesar

Pegadas que guían: Terapia ocupacional asistida con cans

Pegadas que guían: Terapia ocupacional asistida con cans

Daniel Ramos Veiguela, terapeuta ocupacional especialista en Terapia Asistida con Cans, instrutor de cans de asistencia e terapia, profesor asociado da Universidade da Coruña, docente de formación profesional para o emprego e teleformación, doutorando na UDC en...

read more
FOOD-TRUCK CIFP CARLOS OROZA

FOOD-TRUCK CIFP CARLOS OROZA

O CIFP Carlos Oroza, centro de formación profesional en Pontevedra, pon a disposición do PonteSan un food truck chamado «PonteVan». Este food truck é un proxecto no que colaboran varios centros de formación profesional e empresas, e utilizarase para elaborar pratos e...

read more
CLASES DE SERAKI Yoga & Ayurveda

CLASES DE SERAKI Yoga & Ayurveda

Contaremos coa participación de Noelia Catalán, que impartirá diferentes actividades de ioga nas que tratará temas como a perimenopausa e impartirá iniciacións de actividades na ayurveda. A ayurveda, orixinaria da India, é un sistema de medicina tradicional que busca...

read more