O sono: unha función cerebral tan importante como descoidada/descoñecida
Para este tema contamos co Dr. Manuel Arias Gómez, especialista en Neuroloxía, cunha ampla traxetoria profesional e investigadora
Traxectoria profesional
Licenciouse en Medicina e Cirurxía en 1979 na Universidade de Santiago de Compostela, obtendo o Premio Extraordinario como número 1 da súa promoción. En 1984 acadou o Doutoramento cum laude e converteuse en especialista en Neuroloxía vía MIR.
Exerceu como xefe da Sección de Neuroloxía do Hospital Clínico Universitario de Santiago (CHUS) durante 30 anos e foi profesor asociado na Facultade de Medicina da USC entre 1989 e 2021.
Ao longo da súa carreira publicou máis de 250 artigos científicos, participou na elaboración de 45 libros e capítulos e presentou máis de 200 comunicacións en congresos e reunións científicas. Foi recoñecido con tres premios da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia e co Premio Nacional de Neuroloxía, tras descubrir a SCA36 (Ataxia da Costa da Morte).
Ademais da súa faceta médica, é membro fundador do Grupo de Cámara da USC, co que gravou seis discos e recibiu dous Premios Nacionais e un Premio da Crítica en Galicia.
O relato abordará a importancia do sono como proceso vital para a saúde cerebral e xeral. O Dr. Arias explicará as súas funcións, os riscos do seu descoido e o impacto dos trastornos do sono na calidade de vida.
Trátase dunha oportunidade única para profundar nun tema de grande relevancia médica e social, da man dun dos maiores expertos en neuroloxía de Galicia.