Charla divulgativa: Tratamento alternativo da dor
Nesta sesión contaremos coa participación de Elena Casado Pineda @medicilio_, profesional comprometida coa divulgación e a atención integral á saúde dos pacientes.
Elena Casado é licenciada en Medicina pola Universidade de Valencia e formouse como anestesióloga no Hospital Lluis Alcanyís de Xàtiva. Actualmente desenvolve a súa labor tanto na sanidade pública como na privada en Valencia.
A través do seu traballo, busca achegar aos pacientes información clara e accesible sobre a anestesioloxía, o tratamento da dor e as opcións de anestesia obstétrica durante o parto. Ademais, dedica boa parte da súa actividade a promover que os pacientes conten cos coñecementos necesarios para exercer os seus dereitos no ámbito sanitario.
En particular, destaca a súa defensa dunha atención integral á saúde da muller, visibilizando a importancia de recibir un trato axeitado e respectuoso en todas as etapas da vida.
Durante o encontro, Elena Casado introduciranos no campo dos tratamentos alternativos da dor, abordando diferentes perspectivas e opcións dispoñibles máis alá dos métodos convencionais. A charla será un espazo aberto á reflexión, ao intercambio de experiencias e á promoción dunha relación máis informada e consciente coa nosa saúde.