QUE É PONTESAN
Pontesan é a feira de saúde e benestar máis grande de Galicia, nacida en Pontevedra no 2020, cando aínda estabamos saíndo da maior crise sanitaria do século. O obxectivo de Pontesan é ofrecer á cidadanía información sobre saúde, benestar e estilo de vida saudable, dun xeito próximo, ameno e lúdico. Un evento pensado para todos os públicos, que ofrece ós/ás visitantes un amplo programa de obradoiros lúdicos e formativos, actividades físicas, oratorias e debates.
Pontesan serve de escaparate para ás institucións, asociacións e profesionais relacionados co ámbito sanitario que participan na feira, dando a coñecer a súa actividade e os seus servizos. Nos stands de Pontesan atopamos asociacións de profesionais do deporte, fisioterapeutas, xeriatras e persoal sociosanitario entre outros. Tamén contan cun espazo en Pontesan institucións gobernamentais como os Ministerios de Igualdade, Sanidade e Consumo e o Concello de Pontevedra. Por outra banda, acompáñannos asociacións de diversidade sensorial, de tratamento da ludopatías, de defensa da Sanidade Pública, de persoas con discapacidade, ELA, ademais de asociacións deportivas e de promoción da saúde.
IMPORTANCIA DA
SAÚDE MENTAL
APOIO Á
DISCAPACIDADE
ESTILO DE VIDA
SAUDABLE
BOA
ALIMENTACIÓN
Prevención · visibilización · sensibilización
Edicións anteriores
PonteSan busca achegar á cidadanía a información necesaria para coidar da súa saúde e da dos seus, e visto o éxito das cinco edicións anteriores, semella que o está a lograr. Podemos dicir con orgullo que puxeron o seu stand decenas de asociacións e que miles de persoas visitaron as nosas instalacións para recibir información sobre saúde, charlas e obradoiros de forma completamente gratuíta.

Pontesan I 2020
A primeira edición da feira presentouse como unha feira de saúde e benestar xenérica, tocando un pouco todos os ámbitos. En plena crise da Covid-19, tiveron que poñerse en marcha mecanismos de prevención, o uso de máscaras, dispensadores de xel hidroalcohólico, aforo limitado, etc.

Pontesan II 2021
A segunda edición da feira centrouse nos 3 piares dunha vida saudable: benestar emocional, alimentación saudable e exercicio. Aínda que as datas oficiais de celebración eran os días 17, 18 e 19 de setembro, ofrecéronse charlas dende o mércores 15.

Pontesan III 2022
Unha edición centrada principalmente na saúde mental. Estivo guiada por dous obxectivos: visibilizar, sensibilizar á sociedade e tratar de diminuír o estigma que rodea ás persoas con problemas de saúde mental, fomentando a dignidade e o respecto dos seus dereitos.

Pontesan IV 2023
Boa nutrición contra a obesidade. Unha edición centrada en mellorar a nutrición e a relación coa comida, ofrecendo aos asistentes ferramentas e información para alimentar o corpo da mellor maneira.
E este ano?
